Cita co Feirón mensual de Valdoviño este domingo

Os postos regresarán á Porta do Sol durante toda a mañá

Valdoviño, 21 de maio do 2025. Veciños e visitantes de Valdoviño teñen este domingo 25 de maio unha cita co Feirón Mensual do municipio. A explanada situada fronte á Casa Joselito, na Porta do Sol, volverá ser escenario deste mercadillo organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello.

Dende primeira hora da mañá, o público poderá achegarse ata os postos de venda para mercar dende produtos da horta ata calzado e roupa. Ademais, é unha boa ocasión para aproveitar a visita e desfrutar tamén dun café ou refresco nalgunha das moitas cafeterías e bares da zona.