Cita co Feirón este sábado en Valdoviño

Celebrarase durante toda a mañá na Porta do Sol

Dende as 9 horas, e ata ben entrado o mediodía, a explanada situada fronte á Casa Joselito, en plena Porta do Sol, albergará mañá sábado o primeiro feirón de Valdoviño tras a declaración do estado de alarma polo coronavirus. Contará con 37 postos de venda, practicamente o máximo establecido, de moi diversos sectores como a alimentación, produtos da horta, calzado e roupa, artesanía… 

Organizado conxuntamente por Concello e Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra, Valdoviño recupera a súa feira mensual, que se rexirá polo protocolo covid para feiras e mercados. 

Ademais, o feirón volve para quedarse e, a partir de mañá, celebrarase cada último domingo de mes (incluído o de xullo).