Cita co Feirón este sábado en Valdoviño

Celebrarase durante toda a mañá na Porta do Sol

Valdoviño, 14 de decembro de 2021. O Feirón Mensual de Valdoviño adianta neste mes de decembro a súa celebración e terá lugar este sábado día 18 na Porta do Sol. Dende a Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra, promotora da cita en colaboración co Concello, explican que será unha edición especial de Nadal, onde veciños e visitantes poderán realizar as súas compras de cara a estas datas de celebración. Así, a oferta tradicional do mercadillo inclúe alimentación e un sinfín de posibilidades para agasallar como roupa, calzado, xoieiría, bolsos, complementos…