Cita co feirón este domingo na Porta do Sol

Un mes máis, alumnos e alumnas da ESO do CPI Atios terán un posto para recadar fondos para a excursión de fin de curso que, nesta ocasión, conta coa colaboración do Concello a través da donación de libros

Valdoviño, 25 de febreiro de 2022. Veciños e veciñas e visitantes teñen este domingo unha nova cita co feirón mensual de Valdoviño, organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello. E, por segundo mes consecutivo, alumnos e alumnas da ESO do CPI Atios estarán presentes na cita na Porta do Sol cun stand especial co que recadar fondos para a excursión de fin de curso. 

Coa colaboración do Concello, durante toda a mañá porán á venda a prezos simbólicos libros e publicacións donadas polo departamento de Cultura e procedentes do proceso de expurgo da Biblioteca. Unha nova vida para estas obras coas que continuar contribuíndo á difusión da literatura e cultura. Así mesmo, venderán rifas para o sorteo dunha cesta con produtos típicos do Entroido. 

E, como é costume, no feirón tamén contaremos cunha ampla variedade de produtos como roupa e calzado, bisutería, alimentación ou plantas.