Cita co Feirón este domingo en Valdoviño

O mercadillo está organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello de Valdoviño

Valdoviño, 25 de abril do 2025. Como é tradición, veciños e visitantes de Valdoviño teñen este domingo 27 de abril unha cita co Feirón Mensual do municipio. A explanada situada fronte á Casa Joselito, na Porta do Sol, volverá ser escenario deste mercadillo organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello.

Así, dende primeira hora da mañá, o público poderá achegarse ata os postos de venda para mercar dende produtos da horta ata calzado e roupa pasando por artesanía. Ademais, é unha boa ocasión para aproveitar a visita e desfrutar tamén dun café ou refresco nalgunha das moitas cafeterías e bares da zona.