Cita co Feirón de Valdoviño este domingo

Celebrarase durante toda a mañá na Porta do Sol

Valdoviño, 24 de xaneiro de 2022. O Feirón Mensual de Valdoviño regresa este último domingo de mes á Porta do Sol do municipio. Unha cita que recupera así o seu calendario habitual, trala edición especial de Nadal celebrada en sábado. Organizada pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello, reunirá a preto de 40 postos de venda a partir das 9:30 horas. Na oferta, produtos habituais como calzado, roupa, complementos, bisutería, alimentación ou prantas. Unha mañá de compras que podemos aproveitar tamén para tomar un café ou un refresco nos locais de hostalería do municipio.