Cita co Feirón de Valdoviño este domingo
Os postos de venda regresarán á Porta do Sol durante toda a mañá
Valdoviño, 23 de xuño do 2026. O Feirón mensual de Valdoviño regresa esta semana á Porta do Sol. Coincidindo co último domingo do mes, celebrarase durante toda a mañá na explanada sita fronte á Casa Joselito. O mercado está organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra, co apoio do Concello de Valdoviño.
Como é costume, haberá postos de venda de moi diversos sectores, dende alimentación ata téxtil ou produtos da horta. Unha boa ocasión para ir de compras e desfrutar da hostalería local.
Comentarios
