Cita co Feirón de Valdoviño este domingo

Como é habitual, celebrarase durante toda a mañá na Porta do Sol

Valdoviño, 28 de maio do 2026. O Feirón mensual de Valdoviño regresa este domingo, último do mes, á Porta do Sol. Durante toda a mañá, poderemos atopar os tradicionais postos de textil, alimentación, produtos da horta… nunha cita que organiza a Asociación de Mulleres María del Mar Becerra co apoio do Concello de Valdoviño.