Cita co Feirón de Valdoviño este domingo

Está organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello

Valdoviño, 22 de abril do 2026. A Porta do Sol volverá ser escenario este domingo do Feirón mensual de Valdoviño, que organiza a Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello. Como é habitual, celebrarase durante toda a mañá con diversos postos de venda, dende alimentación ata téxtil pasando por produtos da horta.

Unha boa ocasión para aproveitar a mañá do domingo para facer algunha compra, e ao tempo, desfrutar da oferta hostaleira da contorna.