Cine nocturno ao aire libre este venres no campo da festa de San Bartolo coa proxección do filme de animación “Valentina”

O Concello convida á veciñanza a asistir ao pase a partir das 22:30 h

Valdoviño, 27 de xullo de 2022. O Concello de Valdoviño convida a veciños e veciñas a participar nunha sesión de cine nocturno ao aire libre este venres 29 de xullo en San Bartolo. A partir das 22:30 horas, o campo da festa converterase nunha gran sala de cine coa proxección do filme de animación «Valentina», dirixido a un público familiar. O pase conta co apoio da Deputación provincial da Coruña a través da rede cultural. 

«Valentina», da directora ferrolá Chelo Loureiro, era galardoada este ano co Premio Goya ao Mellor Filme de Animación. Aborda a historia dunha nena con Down que soña con ser trapecista. Unha película que nos demostrará que nunca debemos perder a ilusión nin as ganas de aprender, que todos somos diferentes e que esa cualidade nos convirte en únicos e especiais.