Charla informativa este xoves sobre o programa de control das colonias felinas
Celebrarase na Casa da Cultura ás 20 h, coas intervencións de Iria Saavedra, de Cometa, e Yadira Tenreiro, do Refuxio de Mougá
Valdoviño, 28 de marzo do 2023. O Concello, en colaboración coa Asociación Cometa e a Mancomunidade, organizan este xoves 30 de marzo unha charla informativa sobre o programa de control das colonias felinas que, conxuntamente, promoven no municipio.
Estará impartida por Iria Saavedra, de Cometa, e Yadira Tenreiro, do Refuxio de Animais de Mougá, e arrancará ás 20:00 horas. Nela abordaranse as liñas mestras da iniciativa, ofrecendo a posibilidade de que as persoas interesadas se inscriban como voluntarias para colaborar na creación dun censo que, periodicamente, se irá actualizando coas ubicacións das colonias de felinos. Deste modo, facilitarase a captura, estirilización e retorno dos gatos que viven na rúa, e evitarase a súa reprodución.
Un programa que permitiría controlar o número de gatos das colonias, eliminar molestias e aullidos, marcaxes e malos olores, ou mesmo mellorar a convivencia entre a veciñanza.