O Concello recupera a atención presencial sen cita previa na maioría dos servizos
Catastro e servizos técnicos, como ocorría antes da pandemia, e Servizos Sociais continúan requerindo de cita previa
Feirón mensual este domingo en Valdoviño
Está organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra coa colaboración do Concello
O Océano Surf Museo reabre este xoves as súas portas con novos horarios
As persoas interesadas en visitalo deben reservar previamente cita
O Concello de Valdoviño celebrará o Samaín este domingo con música e contacontos no igresario vello de Loira
Aberto o prazo para retirar invitacións para participar na programación
O Concello de Valdoviño abre preinscrición nas actividades da Escola Municipal de Música
Pode formalizarse a través do teléfono, correo ou presencialmente
Raquel Queizás trae este domingo a Valdoviño o seu “Cinema Marabillas”
Retirada de invitacións na Casa da Cultura hoxe, e de mércores a venres
O Concello de Valdoviño dá luz verde ao seu Plan de Mobilidade Sostible
O documento, froito dun proceso participado, marcará as liñas de actuación nos próximos anos, incorporarase á elaboración do Plan de Urbanismo e permitirá optar ás convocatorias dos Next Generation
A Deputación formaliza o acordo para financiar as actividades do proxecto Xeoparque Cabo Ortegal
O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e o presidente da Asociación para a xestión do Xeoparque Cabo Ortegal e alcalde de Valdoviño, Alberto González, asinaron esta mañá o convenio polo que o ente provincial destina preto de 240.000 euros para as actuacións imprescindibles para a preparación e a defensa da candidatura do Xeoparque perante a UNESCO
O VIII Xtreme Pantín celebrarase os días 16 e 17
Incluirá o Open Internacional de Kaiaksurf e Waveski, con participación de deportistas chegados de Portugal, Arxentina ou Francia
Conclúen as obras de acondicionamento do Camiño de Lanzós, na parroquia de Lago
Concello e Xunta traballan na reordenación do tráfico na zona para mellorar a seguridade vial na incorporación dos condutores á AC566 dende o vial de Aviño