Os enseres retirados da vía pública este verán multiplícanse por dous
A cantidade de mobles e enseres retirados por parte do Concello de Valdoviño experimentou un espectacular incremento co inicio do verán. Segundo os últimos datos dos que se dispón, do mes pasado, retiráronse un total de 28.880 kilogramos da vía pública, o que supón un aumento do 48,25%.
Concello convoca unha liña de subvencións de apoio ás familias e menores para paliar o impacto provocado pola COVID-19
O alcalde, Alberto González, avanzou esta mañá que o Concello vén de activar unha convocatoria de subvencións destinadas a familias e menores para axudar a paliar o impacto económico, social e laboral derivado da crise sanitaria provocada pola COVID-19.
O Concello habilita un novo aparcadoiro nas inmediacións da praia de Outeiro
O Concello de Valdoviño vén de poñer en servizo unha nova zona de estacionamento nas inmediacións da praia de Outeiro, en Lago. Ocupa unha superficie duns 2.000 metros cadrados e sitúase a uns 500 metros do areal.
Medidas ante a COVID-19 nas actividades deportivas
O Concello de Valdoviño contempla unha serie de medidas ante a COVID-19 na celebración das actividades deportivas organizadas no Ociosol 2020.
O Concello leva a cabo as obras de ampliación da zona de xogos do alumnado de Educación Infantil do CPI Atios
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, realizou esta semana unha visita ao CPI Atios acompañado dos concelleiros de Obras e Servizos, Alejandro García, Benito Vega e Germán Gómez, para supervisar a evolución das obras de ampliación da zona de xogos reservada ao alumnado de Educación Infantil.
O Concello inviste 120.000 euros no servizo de socorrismo das praias
As praias de Valdoviño contan dende esta semana co servizo de socorrismo. Un servizo no que o Concello fai un especial esforzo inversor, destinando unha partida que alcanza os 120.000 euros.
O Concello condea en pleno os ataques vandálicos contra o mobiliario urbano, propiedades privadas e espazos naturais
O Concello de Valdoviño acordou no día de onte aprobar unha declaración institucional de condea ante a oleada de ataques vandálicos rexistrados nas últimas semanas en mobiliario urbano.
