Carlota Jáuregui e Jon Garmedia, novos campións absolutos de España de Longboard 2020

Na categoría sub 18 levouse a victoria o asturiano Nicolás García

O segundo día de competición no Campionato de España de Surf que se disputa na praia da Frouxeira foi o turno para a modalidade de longboard. A pesares de que as finais quedaron aprazadas para hoxe, mércores, debido ás condicións do mar, a primeira hora da mañá deixou un bo sabor de boca aos asistentes.

 

As primeiras mangas en disputarse onte, e coa marea aínda baixa, esixiron aos deportistas que exhibisen o seu surfing máis clásicos nunhas olas de pequeno tamaño. Aquí puidéronse ver percorridos ata a punta da táboa e algúns bailes enriba dos tablóns de ata 9 pés elixidos polos participantes.

 

Hoxe mércores as condicións do mar eran algo mellores. Tres finais; open, feminino e júnior sub 18, que proclaman como novos campións de España a Jon Garmendia, Carlota Jáuregui e Nicolás García.

 

Na categoría masculina sería o vasco, Jon Garmendia, o que se imporía nunha final moi disputada sobre Nicolás García, Alberto Fernández e Iago Formosel.

 

Pola súa parte, as mulleres volveron demostrar o potencial que hai nesta categoría e Carlota Jáuregui sería a que se alzaría coa victoria, proclamándose campiona de España por diante de Yumey González, Miriam de Boer e Lucía Rodríguez.

 

As novas promesas sub 18 do longboard demostraron que o futuro deste deporte está asegurado en España. Nicolás García sería o mellor nunha final na que amosou o seu gran talento. Na segunda posición acabaría Iago Formosel e completarían o pódium Unai Irazabal e Alex Dicenta.

 

Hoxe tamén arrancará a competición júnior de surf. Varios días nos que veremos desfilar pola praia da Frouxeira aos mellores surfistas nacionais de menos de 12 anos ata as promesas sub 18.