Cámping Valdoviño, Covial, Gonnaba e Nuevo Minuetto disputarán ás semifinais do Torneo de Fútbol Sala OcioSol
Os encontros celebraranse o luns 22, e a gran final está programada para o martes 23 ás 21: horas, con entrada libre no pavillón do Longoiro
Valdoviño, 19 de agosto de 2022. O Torneo de Fútbol Sala OcioSol encara a súa recta final no pavillón municipal do Longoiro. O próximo luns 22, ás 20:30 horas, celebrarase a primeira semifinal, que enfrontará ó Gonnaba, que garantizaba o seu pase a semis tras un disputadísimo encontro contra o Silver con tanda de penaltis incluída, e o Covial. Unha hora máis tarde, medirán as súas forzas o Cámping Valdoviño e o Nuevo Minuetto. Os gañadores pasarán á gran final, prevista para o martes 23 ás 21:00 horas -unha hora antes disputarase o partido para determinar o terceiro e cuarto posto-. A entrada é libre.
Este clásico da programación deportiva de verán arrancaba no mes de xullo coa participación dos equipos A Torre do Lago, Bollis FC, Bueno Gonnaba, Cámping Valdoviño, Cervecería Silver, Covial, KSpirits, Friday Night, Meraki, Parrillada Nuevo Minuetto, Pizzería Os Dous de Sempre e Rincón do Trini. De luns a xoves ofreceron dende entón un auténtico espectáculo sobre o terreo de xogo, demostrando o seu excelente nivel, nunha competición do máis reñida.