Campaña especial de control de velocidade nas vías urbanas de Valdoviño

A Policía Local levaráa a cabo cun equipo de radar móbil do 10 ó 24 de maio

O Concello de Valdoviño informou esta mañá da posta en marcha dunha campaña especial de control de velocidade en diversos puntos do termo municipal co ánimo de tentar previr a siniestralidade naqueles máis conflitivos, especialmente pola inobservancia dos límites fixados. 

A Dirección Xeral de Tráfico trasladará a Valdoviño un equipo de radar, e os controis por parte da Policía Local serán aleatorios e continuos, entre o 10 e o 24 de maio. Neste sentido, o Concello lembra que a partir do día 11 entran en vigor os novos límites xerais de velocidade en vías urbanas, reducíndose de 50 a 30 kms/h o máximo permitido, tal e como recolle a modificación do Regulamento Xeral de Circulación. 

Así, a campaña concentrarase nas seguintes vías:

-Avenida Porta do Sol e Avenida Gándara de Abaixo

-Avenida Souto Vizoso, Avenida Fernández Martín e Avenida de Atios

-Avenida Areeiros

-Avenida Couce Casas

-Avenida Ferrol

-Paseo da Lagoa

-Avenida da Saíña

-Camiño do Graño

En todo caso, dende o Concello confíase en que esta campaña logre o efecto disuasorio desexado, e poña en alerta aos condutores sobre a necesidade de respectar as normas e velocidades establecidas.