Valdoviño celebra este sábado a VI edición da súa Xuntanza de Palilleiras e Multilabores
Máis de 350 persoas confirmaron asistencia procedentes de toda Galicia e doutras comunidades como Asturias, Castela e León e Valencia
Aviño inaugura oficialmente o seu local social tras a reforma integral do edificio
O alcalde, Alberto González, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, asistían ao acto celebrado esta tardiña coa presenza de numerosos veciños e veciñas do lugar
O Concello conclúe as obras de mellora do firme dos camiños de Outeiro-Funchal e Martices
A Administración local investiu preto de 70.000 euros nos traballos de acondicionamento dos viais das parroquias de Lago, Meirás e Loira
O parque de Aviño acolle este sábado o espectáculo familiar “Castelao para crianzas”
A partir das 18:00 h, Lela Edicións porá en escea esta proposta cultural que aúna narración oral, ilustración e máis música en directo
O Club Náutico Folixa organiza para nenas e nenos unha sesión gratuíta de iniciación ao BIG SUP na praia de Vilarrube
A actividade, que se celebrará o sábado 7 de xuño, inclúese no programa municipal de promoción do deporte en Valdoviño
O Concello facilita as prácticas non laborais a seis estudantes de programación informática
Completarán en Valdoviño a acción formativa en virtude dun convenio de colaboración asinado co centro formador, o London Institute
Jesús Busto presenta en Valdoviño a súa obra “Otro mar. Los orígenes del surf en Galicia”
O acto celebrarase este venres ás 20:00 horas no Océano Surf Museo
O Concello de Valdoviño abre inscricións en Concilia Tempos Verán
As familias con fillos ou fillas de entre 4 e 13 anos poden presentar a solicitude no rexistro municipal ou a través da sede electrónica
Nerea Penabad e Lidia Vellón comparten o recoñecemento como Mellores Deportistas do Ano na VI Gala do Deporte de Valdoviño
Ata 31 deportistas de 21 disciplinas foron galardoados na cita, na que tamén se fixo entrega de 18 mencións de honra
O Concello pon en marcha un servizo de atención psicolóxica para veciños e veciñas derivados dos Servizos Sociais comunitarios
O novo programa municipal ofrecerá, a través dun gabinete psicolóxico, atención individualizada na casa consistorial, con sesións de psicoterapia centradas no fortalecemento da autoxestión emocional