Blanca Escrigas inaugura exposición sobre a paisaxe urbana de Valdoviño

O acto terá lugar o xoves 1 de abril ás 19 h na sala de exposicións temporais do Océano Surf Museo, con invitación dispoñible a través de email

O Océano Surf Museo estreará exposición o xoves santo, co arranque do mes de abril. A arquitecta e pintora Blanca Escrigas asina a mostra, integrada por unha vintena de acuarelas sobre diferentes espazos urbanos de Valdoviño. Obras que foi creando ao longo do pasado ano e no presente, nos seus paseos polo noso municipio. Sen dúbida, a exposición sorprenderá, e nela, poderemos ver imaxes habituais do noso día a día que ás veces pasan desapercibidas, e que a partir dagora, veremos con outros ollos. 

A inauguración terá lugar o xoves 1 de abril ás 19 horas na sala de exposicións temporais, e o aforo será moi limitado, co que aqueles que desexen asistir deberán solicitar a invitación no correo oceanosurfmuseo@gmail.com. Acompañarán á artista o alcalde, Alberto González, e as concelleiras de Cultura e de Turismo, Rosana García e Jessica Sabín.

Unha mirada artística ao espazo urbano de Valdoviño que, a partir de entón, poderá visitarse de martes a domingo de 11 a 14 horas e venres, sábado e domingo de 17 a 19 horas. Os festivos, de 12 a 14 h e de 17 a 19 horas. Con cita previa no correo do museo.