Biblioteca Municipal e Océano Surf Museo reabrirán as súas portas o luns 22 de febreiro
O Concello de Valdoviño establece a cita previa para o acceso
O Concello de Valdoviño informa de que a Biblioteca Municipal e o Océano Surf Museo reabrirán as súas portas a partir do vindeiro luns, 22 de febreiro. Acolleranse deste xeito á posibilidade aprobada pola Xunta de Galicia no marco das novas medidas fronte á covid-19 vixentes dende esta medianoite. En todo caso, o acceso ás instalacións culturais deberá realizarse con cita previa no teléfono 981 48 76 66 ou correo cultura@concellodevaldovino.com (no caso da Biblioteca) e no 690 149 198 ou oceanosurfmuseo@gmail.com (no do museo).
A Biblioteca Municipal recuperará a atención presencial de luns a venres de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, namentras que o Océano Surf Museo farao de martes a domingo de 11 a 14 horas, e venres, sábados e domingos de 17 a 19 horas.