Aviso visita VIDOC

Axenda completa para o día 18 de maio

Valdoviño, 30 de abril do 2026. O Vehículo Integral de Documentación da Policía Nacional pecha a súa axenda para o día 18, cando se prevé a súa visita ao noso municipio para facilitar os trámites á veciñanza en relación ao DNI e pasaporte. Hoxe completábanse todas as prazas dispoñibles, tal e como sucedera nas dúas ocasións anteriores. Xestionarase agora unha nova data para un novo desprazamento co que continuar facilitando este servizo á veciñanza sen necesidade de saír de Valdoviño.