Aviso Ruta Costeira

Estará guiada pola firma Portal Norte

Valdoviño, 16 de abril do 2026. O Concello completaba este xoves as prazas na terceira e última etapa pola Ruta Costeira. O itinerario, guiado por Portal Norte, partirá este sábado ás 10 h do estacionamento da praia de Outeiro rumbo a Campelo. Un espectacular percorrido pola franxa litoral de Meirás con vistas privilexiadas e paradas imprescindibles, entre outras, no Faro de Punta Frouxeira ou na ermida da Virxe do Porto. O proxecto, que impulsa a Concellería de Cultura e Turismo, iniciábase na Semana Santa, promocionando un percorrido único de Norte a Sur por Valdoviño, dende Porto do Cabo en Vilarrube ata Campelo en Meirás.