Aviso inscricións segunda etapa Ruta Costeira

Celebrarase este sábado, con saída do miradoiro de Pantín ás 10 horas

Valdoviño, 9 de abril do 2026. O Concello de Valdoviño pecha inscricións na 2ª etapa guiada pola Ruta Costeira tras completar as prazas ofertadas en apenas 24 horas. Así, guiada por Portal Norte, celebrarase este sábado con saída ás 10 horas do Miradoiro de San Xiao, en Pantín. Consta de 12 km, ata a praia de Outeiro, en Lago, e entre os seus principais puntos de interese están o areal e lagoa da Frouxeira.