Aviso establecementos hostalería
Poderán dispor de música en vivo a noite do 23 de xuño previa comunicación
Valdoviño, 19 de xuño de 2024. O Concello de Valdoviño vén de aprobar unha resolución coa que autoriza a celebración de concertos e sesións de música en vivo nos establecementos de hostalería do municipio a noite do 23 de xuño, véspera de San Xoán. Atende así ás peticións formuladas por varios locais, e informa de que, en todo caso, os establecementos que desexen adherirse á iniciativa, deben comunicalo no rexistro xeral da casa consistorial ou a través da sede electrónica antes do día 22. Ademais, deberanse respetar os niveis acústicos establecidos na normativa, e non superar as 2:00 horas.
Comentarios