Valdoviño acolle este sábado a concentración da Selección galega de Bodyboard
O Océano Surf Museo e a praia da Frouxeira, os dous escenarios da xornada
A Federación Galega de Surfing vén de elixir Valdoviño como sede para a concentración que prevé realizar mañá sábado a Selección autonómica de Bodyboard junior.
Aquí desplegarán un completo programa que incluirá unha primeira visita ao salón de actos do Océano Surf Museo a partir das 10,30 horas para, a partir das 12 horas, desprazarse á praia da Frouxeira. Alí, agrupados por categorías, realizarán o quentamento, plantearán os obxectivos técnicos e tácticos, e sobre as 14 horas, realizarán unha parada para almorzar no cámping Valdoviño. Retomarán a actividade ás 16 horas, na Frouxeira, para disputar un breve campionato por equipos.
Comentarios