Image Alt

Author: Concello Valdoviño

  /  Articles posted by Concello Valdoviño (Páxina 3)

Valdoviño, 24 de xullo de 2020. O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, pon en marcha “Móvete en Valdoviño”. Un programa de rutas guiadas de sendeirismo que levará ás persoas participantes á ermida do Porto e ao Faro de Punta Frouxeira, ao encoro das Forcadas, ao Baleo ou ao Miradoiro do Paraño.

A cantidade de mobles e enseres retirados por parte do Concello de Valdoviño experimentou un espectacular incremento co inicio do verán. Segundo os últimos datos dos que se dispón, do mes pasado, retiráronse un total de 28.880 kilogramos da vía pública, o que supón un aumento do 48,25%.

O alcalde, Alberto González, avanzou esta mañá que o Concello vén de activar unha convocatoria de subvencións destinadas a familias e menores para axudar a paliar o impacto económico, social e laboral derivado da crise sanitaria provocada pola COVID-19.