Asolas no Puntal celebrará unha xornada de iniciación ao kaiak e paddle surf

É gratuíta, con inscrición previa e prazas limitadas, e forma parte do programa municipal de fomento do deporte no municipio

Valdoviño, 28 de maio de 2024. Asolas no Puntal promove unha xornada de iniciación ao kaiak e paddle surf o vindeiro sábado 8 de xuño, no marco do programa de fomento do deporte local que impulsa o Concello de Valdoviño ligado á concesión de autorizacións de uso das praias por parte das escolas de surf. A participación é de balde, con prazas limitadas e inscrición previa a través do correo electrónico asolasnopuntal@gmail.com ou enviando un whatsapp ao número 671 929 176.

Está dirixida a nenos e nenas e persoas adultas. Non fai falla con coñecementos previos, pero si saber nadar, e a organización facilitará todos os medios materiais precisos. A xornada celebrarase en horario de tarde, de 18:00 a 20:00 horas na contorna do Puntal, en Vilarrube. En caso de que a demanda exceda a oferta, terán preferencia as persoas empadroadas en Valdoviño.