As unidades móbiles da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitarán Valdoviño en novembro

A partir desta semana poderase solicitar cita previa para o servizo

Valdoviño, 13 de outubro do 2026. As unidades móbiles da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazaranse ao Concello de Valdoviño o próximo mes para facilitar as revisións deste tipo de vehículos sen saír do municipio. O 13 de novembro permanecerán no aparcadoiro da cooperativa de Lago en horario de 9:00 a 13:30 h, e o 16 do mesmo mes estarán fronte á estación de servizo da cooperativa de Vilaboa nese horario, e tamén de tarde, de 15:15 a 18:00 h.

Así, as persoas interesadas no servizo poderán solicitar cita previa para as inspeccións a través da páxina web https://www.sycitv.com/gl/ ou no teléfono 981 92 80 80. A partir deste xoves, para Lago, e a partir do sábado, para Vilaboa.