As unidades móbiles da Inspección Técnica de Vehículos agrícolas desprazaranse a Lago e a Vilaboa no mes de novembro
As personas interesadas en realizar as revisións sen saír do municipio xa poden solicitar cita previa a través da web ou teléfono 981 92 80 80
Valdoviño, 06 de outubro do 2025. As unidades móbiles da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazaranse ao Concello de Valdoviño o próximo mes para facilitar as revisións deste tipo de vehículos sen saír do municipio. O 5 de novembro permanecerán no aparcadoiro da cooperativa de Lago en horario de 9:00 a 13:30 h, e ao día seguinte, 6 de novembro, estarán nas inmediacións da cooperativa de Vilaboa nese horario, e tamén de tarde, de 15:15 a 18:00 h.
Así, as persoas interesadas no servizo xa poden solicitar cita previa para as inspeccións a través da páxina web ou no teléfono 981 92 80 80.
Comentarios
