As terapias para persoas afectadas de alzhéimer mudan o horario e pasan á tarde
A inscrición continúa aberta no departamento de Servizos Sociais
Valdoviño, 3 de novembro de 2021. Mellorar a atención ás persoas afectadas de alzheimer e outras demencias, contribuíndo ao seu benestar social e ao respiro familiar das persoas coidadoras é o obxectivo dos talleres que o Concello de Valdoviño promove da man de Afal no municipio.
As sesións, dirixidas a persoas afectadas en estadío leve e moderado, cambian de día e horarios a partir desta semana, e celebraranse os mércores e venres de 16 a 18 h no centro sociocomunitario.
A inscrición para tomar parte continúa aberta no departamento municipal de Servizos Sociais -con cita previa no 981 48 70 41 extensión 5-, e o custe da actividade é de 50 euros ao mes por persoa.
Comentarios