As persoas con mobilidade reducida ou en cadeira de rodas poden solicitar o servizo de préstamo de cadeiras autopropulsadas na Frouxeira

É gratuíto e facilita o acceso e baño no areal

Valdoviño, 21 de xullo do 2025. As persoas con mobilidade reducida ou en cadeira de rodas teñen á súa disposición dúas cadeiras autopropulsadas para desfrutar do baño nas augas da Frouxeira. O servizo, que o Concello de Valdoviño poñía en marcha no seu día co asesoramento da asociación Aprende a Voar para mellorar a accesibilidade do areal, é gratuíto para os usuarios e usuarias, que poden solicitalo na caseta de socorrismo do areal, de luns a domingo de 12:00 a 20:00 horas.

Este recurso non só está activo durante o verán na praia da Frouxeira, senón todo o ano, xa que está a disposición de, entre outros, as escolas de surf ou os centros educativos, en caso de requerilo.