As actividades deportivas de Valdoviño Saudable darán comezo a próxima semana

Preto de 250 veciños e veciñas de todas as idades formalizaron a súa inscrición na programación deseñada pola Concellería de Deportes

Valdoviño, 30 de setembro do 2025. Preto de 250 veciños e veciñas formalizaron a súa inscrición nas diferentes actividades deportivas de Valdoviño Saudable para o curso 2025-2026. Dende a Concellería de Deportes infórmase de que a programación arrincará a vindeira semana. Así, todas as propostas saíron adiante ao reunir un número mínimo de participantes, coa excepción de atletismo e psicomotricidade. Nestes dous casos, o departamento municipal ofrecerá a posibilidade de reasignar as solicitudes nalgunha otra actividade da oferta deseñada polo Concello, que inclúe:

-Ximnasia rítmica, patinaxe artístico, baloncesto, duatlón, karate (6-13 anos incluídos)

-Tenis e tiro con arco (6-18 anos)

-Patinaxe en liña (3-13 anos incluídos), multideporte e psicomotricidade (3-7 anos incluídos)

-Ximnasia, tiro con arco e tenis (público adulto)

O custe das clases oscila entre os 8,86 e os 11,06 euros, en función da frecuencia e idade, e as actividades desenvolveranse ata o mes de xuño en diferentes emprazamentos como os pavillóns do CPI Atios e o municipal de O Longoiro, ou a casa da cultura e o local social de Pantín.