Arsénico en Valdoviño
Hoxe imos falar do arsénico e da súa pegada en Valdoviño. Un mineral coñecido noutras épocas como o rei dos velenos, protagonista de innumerables novelas detectivescas, pero que no noso municipio tivo loxicamente outro destino ben diferente.
Temos que remontarnos aos primeiros anos do século pasado. Na costa do Portiño e, máis concretamente nas inmediacións da ermida. Alí abriríanse as primeiras minas para a extracción deste material. en Valdoviño, e tras o seu traslado en carros de vacas e cabalos a un forno próximo, procedíase á súa transformación en po para, agora si, destinalo á elaboración de insecticida.
Durante uns anos, o negocio funcionou sen problema chegando a empregar a unha trintena de persoas.
Con todo, a expropiación dos terreos para a construción das baterías militares derivou nun peche forzoso das instalacións na década dos anos 30. Aínda así, o arsénico continuará en Valdoviño, coa apertura de novas minas na zona de Lavacerido, aínda que cun ciclo ben curto. A este novo peche sucédese unha nova apertura. Estamos nos anos 40 e a actividade tamén se traslada nesta ocasión de parroquia. De Meirás a Valdoviño e, máis concretamente, á zona de Pereiro.
Abandonadas hai anos, e parcialmente seladas, aínda hoxe en día podemos asomarnos ao pasado mineiro de Valdoviño a través das súas galerías. Animádesvos?
Sabías que…?