Arrinca o programa “Redes” no CPI Atios
O seu obxectivo é fomentar decisións saudables na contorna dixital
Valdoviño, 13 de maio do 2026. O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Servizos Sociais e Xuventude, activaba esta semana nas aulas do CPI Atios o programa “Redes”. O obxectivo é que a mocidade aprenda a previr o uso prexudicial das pantallas e tome decisións saudables no mundo dixital. Para iso, traballaranse co alumnado de Primaria e Secundaria temas clave como: ciberacoso, sexting e grooming; o impacto dos videoxogos e a pornografía en liña; a protección de datos persoais e avatares ocultos, ou a xestión do tempo de uso… Así mesmo, este programa compleméntase con “Medrando entre pantallas”, que arrincaba a semana pasada dirixido ás familias. Neste caso, unha iniciativa financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, coa colaboración da ANPA Beiramar.
