Arrancan as actividades deportivas en Valdoviño e Vilarrube con prazas libres en ximnasia e zumba

A inscrición pode formalizarse enviando un whatsapp ao 626 465 531

O Concello de Valdoviño informa do inicio das actividades deportivas que este curso organiza en Valdoviño e Vilarrube: ioga, ximnasia e zumba. Nesta liña, o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, apunta que aínda quedan algunhas prazas libres tanto en ximnasia como en zumba, polo que as persoas interesadas poden anotarse enviando un whatsapp ao 626 465 531 sinalando nome e apelidos, DNI, data de nacemento, actividade e horario. 

Así as cousas, zumba desenvólvese en Vilarrube luns e mércores de 19 a 20 horas. En ximnasia hai tres grupos: o primeiro con clases os martes e venres en Valdoviño de 10 a 11 h; o segundo no mesmo escenario e días pero de 11 a 12 horas e, o terceiro, en Vilarrube os luns e mércores de 18 a 19 horas. 

Finalmente, en ioga, con todas as prazas cubertas, hai catro grupos en Valdoviño e os seguintes horarios: luns e mércores de 18 a 19,30 h, de 20,30 a 22 e de 10,30 a 12 h, e martes e xoves de 20,30 a 22 h. Neste caso, admítense solicitudes de participación para a lista de agarda creada. 

Así mesmo, Sergio Saavedra sinalou que o Concello abrirá proximamente o prazo de inscrición na actividade de ximnasia en Meirás, unha vez conclúan as obras no pavillón polideportivo do Longoiro.

 

 

.