Arranca o Torneo de Fútbol Sala OcioSol
Os encontros disputaranse a partir de hoxe e ata finais de agosto de luns a xoves de 20 a 22 horas no pavillón municipal do Longoiro
Valdoviño, 28 de xullo de 2022. Regresa o Torneo de Fútbol Sala OcioSol. Todo un clásico xa na programación deportiva de verán. Farao a partir de hoxe no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás. Doce equipos tomarán parte na competición de aquí ata finais do mes de agosto, con partidos de luns a xoves de 20 a 22 horas. A entrada ás instalacións é libre e gratuíta, polo que aqueles e aquelas que desexen desfrutar de bo fútbol tan só teñen que achegarse ata Meirás.
A Torre do Lago, Bollis FC, Bueno Gonnaba, Cámping Valdoviño, Cervecería Silver, Covial, KSpirits, Friday Night, Meraki, Parrillada Nuevo Minuetto, Pizzería Os Dous de Sempre e Rincón do Trini son os equipos inscritos no torneo, no que se disputará unha primeira fase de grupos. Os mellores pasarán a cuartos, semifinais e, finalmente, á gran final, prevista para o mércores 23 de agosto ás 21 horas.