Arranca o curso sobre voluntariado incluído no Programa Mellora

Un total de 12 veciñas e veciños iniciaban onte á tarde, na Casa da Cultura, o curso «Acompañándote, Todas e todos contamos». A segunda acción formativa do Programa municipal Mellora, de formación e acceso ao emprego no que as persoas que se viron afectadas laboralmente pola COVID-19 teñen participación gratuíta -10 euros para o resto-.

Trátase dunha formación en materia de voluntariado social, de 20 horas de duración, en modalidade semipresencial. Impartirase online e contará con sesións presenciais como a de onte.

Trátase dunha formación en materia de voluntariado social, de 20 horas de duración, en modalidade semipresencial. Impartirase online e contará con sesións presenciais como a de onte. Con este proxecto, preténdese formar ao voluntariado nos procesos de acompañamento ás persoas (infancia, maiores, enfermas ou dependentes, etc.). O acto de acompañar, que a simple vista pode resultar doado, comporta interiorizar certas ferramentas para non levar ao persoal a vivencia e realidade de quen acompañan.