Arranca no Longoiro unha nova edición do Torneo de Fútbol Sala OcioSol de Valdoviño

Oito equipos disputarán a competición, que se celebrará luns, martes e xoves no pavillón municipal

Valdoviño, 4 de agosto do 2025. O Concello de Valdoviño organiza unha nova edición do Torneo de Fútbol Sala OcioSol, todo un clásico do calendario deportivo de verán na comarca. Oito equipos disputarán a competición, que arranca esta mesma tarde no pavillón municipal do Longoiro. Haberá partidos todos os luns e martes ás 20:00 e 21:00 horas, e os xoves, ás 20:00, 21:00 e 22:00 horas.

Haberá fase de liguilla ata o 28 de agosto, e a partir de aí, xogarase a fase final. Os equipos participantes son: Meraki, Chalana, Bar El Paseo, Autos Pasuco, Canalones Freijo, FS Santa Mariña-Cátering Ferrolterra, ADS Print e Radiocar Minuetto.

O calendario pódese consultar na web municipal, e dende o Concello anímase aos afeccionados ao fútbol sala a seguir a competición.

CALENDARIO COMPETICIÓN OCIOSOL