Arranca a Escola de Familias de Valdoviño

Doce persoas participarán no proxecto que impulsa a Concellería de Servizos Sociais en colaboración con Asfedro

O novo centro sociocomunitario acollía onte á tarde a primeira das reunións da Escola de Familias de Valdoviño. Un proxecto que busca crear un espazo de reflexión e de intercambio de experiencias sobre comunicación familiar, normas e límites ou riscos das novas tecnoloxías. O Concello de Valdoviño impulsa este programa en colaboración coa asociación Asfedro, encargada de guiar as sesións. Na primeira delas tomaron parte 6 veciños e veciñas, aínda que a cifra duplicarase na segunda, con 12 persoas anotadas.

O programa continuará os días 6, 13, 20 e 27 de maio.