A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol celebrou esta tarde unha reunión telemática na que os representantes dos nove municipios (Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño) acordaron facer un chamamento á responsabilidade da cidadanía nesta fase 1 do retorno á normalidade. Os alcaldes piden que se cumpran as medidas establecidas polas autoridades para que non se malogre a tendencia á baixa nos casos de covid-19.