Por segundo ano consecutivo o Festival Open Pantín Surf Camp disputouse como proba valedeira para o circuito galego de Surf, Longboard e Paddel.
Alta inscripción e boas condicións de ondas nesta proba que contou coa colaboración do Concello. Aínda que os pronósticos non eran nada bos, Pantín, como é habitual, permitiu ver espectáculo.
Dende primeira hora do sábado os riders de surf open demostraron estar a un nivel incríble, como demostran as puntuacións das 10 mellores ondas do evento.