O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, está a preparar un Convenio de Colaboración co comercio local para levar a cabo unha nova acción dentro do programa "ACHEGA". Para dar continuidade á campaña "1KILO+", en colaboración co alumnado/profesorado do CPI ATIOS, e ao Festival Solidario en colaboración coas Asociacións, búscase implicar ao comercio local e á veciñanza para contribuir á doazón de alimentos e produtos de hixiene, que se destinarán ás familias con maiores necesidades do Concello.