No marco do programa «Somos e Contamos», o Concello de Valdoviño conmemorará o Día da Muller cunha completa programación que inclúe exposicións, debate, obradoiros, roteiros, presentacións literarias e teatro. Así, o alcalde, Alberto González, destacou o traballo conxunto dos departamentos de Cultura e Servizos Sociais para facer posible o programa, que arrancará este mesmo venres 6 de marzo coa inauguración da mostra «Galicianas. Mulleres galegas facendo historia», da asociación Vai Rañala Meu!, na Casa da Cultura.