En presenza dos alcaldes de Valdoviño, Alberto González, e de Cedeira, Pablo Moreda, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou hoxe da licitación das obras de acondicionamento da estrada AC-566, desde a saída de Valdoviño ata a Ramalleira, por un importe de 4,4 millóns de euros.
Vázquez Mourelle deu conta do procedemento administrativo iniciado hoxe coa publicación do anuncio na Plataforma de Contratos da Xunta das obras que redefinen o trazado ao longo de case 4 quilómetros da estrada que vai a Cedeira, ao seu paso por Valdoviño.