Selección de persoal para a campaña de limpeza de praias 2013
Esta convocatoria ten por obxecto cubrir con carácter urxente, mediante concurso e entrevista persoal, 28 prazas de peóns a media xornada (dende o 1 de xullo a 30 de setembro, ámbolos dous incluídos) para a campaña de limpeza de praias 2013.
Coa instancia adxunta achegarase a seguinte documentación: fotocopia do DNI, copia do libro de familia, certificado de empadroamento colectivo, copia da tarxeta de demandante de emprego da unidade familiar e declaración xurada de todos os membros de que non perciben prestación (en instancia).
Pode obterse máis información sobre os requisitos e o sistema de selección no Rexistro municipal, do 20 ao 25 de xuño, en horario de 9 a 13 horas (sábado de 10 a 13 horas) ou no teléfono 981 487 041.
Ata o 25 de xuño.