Feirón de xullo: aeromodelismo e solidariedade
O feirón mensual de Valdoviño continúa dando os primeiros pasos e para a súa segunda edición, o 13 de xullo, amplía o seu horario a todo o día, polo que os postos estarán abertos dende as 09:00 horas ata última hora da tarde.
Nesta ocasión o feirón estará dedicado ao aeromodelismo, polo que as persoas que se acerquen polo recinto poderán atopar actividades relacionadas con esta especialidade, ademais dos postos habituais.
Poñeremos a disposición dos veciños unha exposición estática de aeromodelismo, que será levada a cabo polo Club de Vuelo As Gaivotas e que consistirá no seguinte:
-
Avións e helicópteros de distintos tamaños.
- Entrenadores.
- Cazas.
- Maquetas.
- Acrobáticos.
-
Demostración de voo con octocópteros.
- Voo cada hora.
- Grabación de video.
- Voo en primeira persoa (FPV).
- Explicación das distintas modalidades de voo.
-
Bautismo aéreo virtual.
- Voo dun aeromodelo nun simulador.
- Entregarase diploma acreditativo.
A partir das 18:30 horas a Asociación de Empresarios de Valdoviño e a Asociación de Baixada de Carrilanas comenzarán a elaborar sendas paellas populares para empezar a servilas de forma gratuita cara ás 19:30 horas. Para poder degustar a paella unicamente haberá que traer un alimento non perecedero que será recollido por persoal de Cáritas Valdoviño para posteriormente repartilo entre os veciños máis necesitados do municipio.
Dende o Concello de Valdoviño apelamos a solidariedade dos veciños e visitantes para que acudan o feirón e á degustación da paella popular e aporten o alimento non perecedero para Cáritas.
- Inicie sesión para enviar comentarios