Axudas protección integral contra a violencia de xénero
Data de inicio da convocatoria:
luns, 27 Maio, 2013
Obxecto:
Proporcionarlle apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero a través das axudas previstas na lei orgánica e facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede en territorio galego ás indemnización previstas na lei galega.
Tipos de axudas:
- Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego -axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero-.
- Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou ás e aos menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacer a indemnización establecida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Lugar de presentación:
- Secretaría Xeral de Igualdade.
- Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es
- En calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas.
Prazo de presentación:
- Ata o 30 de novembro de 2013 para o caso das axudas.
- Ata o 31 de outubro de 2013 para o caso das indemnizacións.
Máis información:
http://www.mulleresengalicia.es | Tel. 981 95 76 99 | vx.igualdade@xunta.es
Orde do 8 de maio de 2013 ( DOG nº 98 do 24/05/2013)
Fase de tramitación:
Resolto
Páxina:
Servizos Sociais e Saúde