Desconto no canon da auga
Dende o luns 8 de abril (de 2013) os veciños de Valdoviño poden solicitar descontos no canon da auga, cubrindo o modelo correspondente de solicitude segundo sexa por deducción para familias numerosas, solicitude de exención por estar en situación de exclusión social ou solicitude para acreditar o número de persoas na vivenda.
Os descontos que se poden aplicar son os seguintes:
- 50% a familias numerosas.
- 90% a comunidades de usuarios (traídas veciñais) e captacións propias.
Cada veciño poderá consumir un volumen de 2.000 litros ao mes sen ter que pagar canon da agua por ese consumo, de maneira que nunha vivenda tipo de tres personas, os 6.000 litros non pagarán canon da agua. É o que se denomina tramo social.
Tamén conven aclarar que aos efectos de aplicar o canon da auga non é necesaria a instalación dun contador se a vivenda se abastece de captacións propias (pozo, manantial, etc) ou de comunidades de usuarios, xa que a propia lei prevé a posibilidade de determinar o volume que se consume nunha vivenda por estimación obxetiva en base ás dotacións básicas de auga para vivendas que se establecen nos instrumentos de planificación hidrológica, e que os veciños que teñan un pozo non deben presentar ningún tipo de declaración para o canon da auga.