IV edición do concurso de viñetas pola igualdade real
Lembrade que este luns 8 de abril remata o prazo de presentación de traballos para participar na IV edición do concurso de viñetas pola igualdade real (Deputación da Coruña) convocado no marco das actividades da Conmemoración do 8 de Marzo 2013 " Día da muller" co obxectivo de reflexionar sobre a importancia de visibilizar o papel da muller no medio rural, fomentar o seu empoderamento, liderado e participación social en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Tal e como recolle as bases publicadas no BOP nº 47 do 8 de marzo de 2013 os traballos entregaranse nun sobre pechado no seu exterior (1) indicarase IV concurso de viñetas “Pola igualdade real” e un pseudónimo como identificador do traballo. Dentro deste sobre irá o traballo e un sobre pechado (2) co pseudónimo no exterior, e no seu interior a folla de aceptación dos compromisos e autorización de datos da carácter persoal (anexo 1) cos datos requiridos.
As candidaturas presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial da Coruña, Avda. Alférez Provisional, 2, 15006 A Coruña, ou no indicado no art.. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 novembro, RXPAC, indicando no exterior do sobre: IV concurso de viñetas “Pola igualdade real”, Deputación da Coruña
- Inicie sesión para enviar comentarios