Reunión coas comisións de festas para informar sobre o seguro
A concelleira de Cultura, Cristina Freire, e o concelleiro de Facenda, Manuel Bacorelle, reuniranse mañá xoves 4 de abril (20:00 horas) na Casa do Concello coas comisións de festas de Valdoviño, para explicarlles as condicións do seguro que sufragará o Concello.
Como xa se lles informou, a colaboración consistirá na asunción por parte da administración do seguro de responsabilidade civil que tódalas comisións deben ter suscrito para poder celebrar as festas patronais.
Dende o goberno municipal entenden que esta é unha boa maneira de colaborar con tódalas parroquias e comisións de festas, xa que ademáis de aforrarlles uns euros que as comisións poden dedicar a outras actividades, tamén se lles evita un trámite burocrático e de papeleo.
- Inicie sesión para enviar comentarios