Rexistro de asociacións
Este procedemento regula a inscrición de entidades no correspondente Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais.
Quen pode solicitalo
Asociacións constituídas como tal e que desexen rexistrarse no concello de Valdoviño, a través do seu representante legal.
Como e onde realizar o trámite
Os interesados poderán descargarse o impreso dende esta páxina e acudir ao Rexistro do Concello, onde presentarán a documentación sinalada de seguido.
Documentación necesaria
- Solicitude de rexistro da asociación.
- Fotocopia dos estatutos da asociación.
- Fotocopia do número de inscrición no rexistro da Xunta de Galicia.
- Tarxeta de identificación fiscal.
Normativa
- Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.
- Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime xurídico das Administraciones Públicas e do procedemento administrativo común.
- Lei 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
- Lei 11/2007 de Acceso dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través de Internet, coa Administración Pública.
Prazos
Solicitude: permanente.
Execución: máximo de 3 meses dende a solicitude.
Taxas/impostos
Non se aplican.